viernes, 29 de mayo de 2020

Activity 8: Land art

Next week we will celebrate WED (World Environment Day). Using this celebration, we introduce the next two activities. The first of them is about Land art. You have a introductory video clicking the next image. You can do your own Land art project during the next days, and remember to take a picture of it because it is going to be an ephemeral work!!



Co gallo da celebración do día mundial do medio ambiente o próximo día 5 de xuño, propoñémosvos unha actividade con dúas partes. Nun primeiro momento deberedes ver e facer unha composición de Land art, da cal tedes unha explicación e exemplos no vídeo que aparecerá clicando na imaxe anterior.

Animámovos a facer unha composición durante estes días. Lembrade que é un arte efímero, que necesita de materiais naturais e que tedes que sacarlle unha foto para recordalo, xa que se acabará por destruír.

Na seguinte parte da actividade, xa para a semana que vén, proporémosvos outro tipo de creación para conmemorar o devandito día, pero diso falaremos dentro duns días.

Art Movements

Nesta entrada vou a colocar as obras que non nos chegaron a tempo para meter na terceira parte da actividade 6, que trataba sobre os estilos artísticos. Se vedes que a vosa non aparece nin nas actividades interactivas nin nesta entrada, avisádeme.












lunes, 25 de mayo de 2020

Activity 6: ARt moveMENTS III

Complete the next activities about the different art movements. Remember to correct your answers. Enjoy it!!







Completa as actividades nos enlaces anteriores con cuestións sobre os diferentes estilos artísticos. Recordade de darlle a "Terninar" para que se vos corrixa a ficha. Observade as obras dos vosos compañeiros/as. Espero que vos guste!

(Na tarefa número 4 hai un erro, polo que, pese a haber 3 cadros de arte abstracto, só poderedes unir un deles con ese estilo. Intentei corrixilo, pero non fun capaz)



lunes, 18 de mayo de 2020

Activity 7: International museum day

Today is the International museum day. To celebrate this day we will leave some links to visit the main museums in our country and abroad. Link and enjoy them!!

Museo do Prado: neste enlace podemos ver diferentes cadros deste museo con comentarios explicativos e moitas curiosidades sobre estas obras.

Museo nacional de ciencias naturais: aquí podemos atopar varios tipos de percorridos para as visitas; dende unha visita ao interior do museo ata diferentes exposicións de animais.

Moma: O Museo de arte moderno de Nova York ofrece visitas para as súas obras. No enlace aparecen algunhas obras escultóricas de Picasso, explicadas e transcritas en inglés. Con este grao de dificultade engadido polo idioma, resulta aínda máis interesante o desafío de entender algunha das súas obras. Achegádevos a ver as esculturas dun dos nosos autores máis universais.

Galería nacional de Londres: Neste enlace poderedes facer unha visita  ao interior deste importante museo, vendo as súas estancias e algunhas das súas obras máis inmortais.



Hoxe, 18 de maio, é o día internacional dos museos. Para celebrar este día, durante esta semana propóñovos que visitedes virtualmente diferentes museos. Déixovos os enlaces arriba.

martes, 12 de mayo de 2020

Activity 6: aRT movEMENTS II

This week we have three new movements: Impressionism, Expressionism and Pop Art. You can see the main points of these styles in this video (please forget about Dadaism and Minimalism). The next pictures are about our weekly movements, choose your favourite and send it to me! (as we did the previous week). Don´t forget the title!! One last idea: if you choose Pop Art, as it has an American background, you can addapt it in a new style: Pop Galician Art.

Cadro Impresionista: "Noche estrellada" de V. Van Gogh

Cadro Expresionista: "El grito" de E. Munch

Obra Pop Art: "Campbell´s soup cans" de A. Warhol

Esta semana temos tres novos movementos artísticos: Impresionismo, Expresionismo e Arte Pop. Podedes ver as principais características destes estilos no seguinte vídeo (obviade o Dadadísmo e o Minimalismo, que tamén están presentes no vídeo). As imaxes anteriores son un exemplo dos movementos que tocan para esta semana, escollede o voso favorito e a crear!! (como a semana pasada). E non vos esquezades do título!! Tan só unha idea: como o Arte Pop ten reminiscencias na cultura americana, unha boa adaptación, só se escolledes este estilo, podería ser Arte Pop Galego (Pop Galician Art)

martes, 5 de mayo de 2020

Activity 6: aRT movEMENTS


Esta actividade estará dividida en 3 partes e abranguerá varias semanas. As dúas primeiras partes consistirán en escoller un estilo cada semana de entre os 3 presentados nesta e na próxima semana. Unha vez feita a vosa obra semanal enviarédesma (tédeslle que poñer título e dicirme a qué estilo pentence) e eu, unha vez que teña todas as creacións (dentro de tres semanas, aproximadamente) pedireivos , a través dunha enquisa, que identifiquedes o estilo que escolleu cada un para ver se recoñecedes ben os rasgos propios dos principais estilos artísticos modernos. A ver quén consegue adiviñar máis obras!!

Now is your turn! You can be a succesfull painter!! You have to look for information about the style you like the most between this three: Realism, Surrealism and Abstract Art. You can choose any technique or material, but you have to follow  the main rules of your style.


Cadro do Realismo: "As Espigadoras" de Millet               

Cadro do Surrealismo: "Persistencia de la memoria" de Dalí

Cadro do Arte Abstracto: "Composición VII" de Kandinsky


Agora é o voso turno! Podedes convertervos en artistas de renome co estilo que máis vos guste. Tedes que buscar información básica sobre os estilos que vos presentamos aquí e despois, empregando os recursoso materiais que vós queirades (ceras, rotus, folio, lenzo, collage…o que queirades) podedes facer unha obra acorde  a ese movemento. Os tres estilos propostos para esta semana son: Realismo, Surrealismo e Arte abstracto.

sábado, 2 de mayo de 2020

Our pictures