martes, 31 de marzo de 2020

Activity 2: Origami


Here we have some origami activities. One of the funnest is the jumping frog. If you want to know how to do it go to the next link (in English).

Nesta entrada propóñovos traballar a papiroflexia. Unha das figuras máis divertidas é a ra saltarina. Podedes ver o vídeo explicativo no seguinte enlace (castelán). Recordade que se debe partir dun papel con forma cadrada, para o cal poderedes empregar a forma de facer cadrados con escadra e cartabón que empregamos na clase

More origami



In this new post we can see some other origami activities: fish, flexible fish, worm... 

Nesta entrada tendes máis figuras de papiroflexia se queredes seguir practicando. Clicade nos enlaces dos animais que puxen arriba e a divertirse!

lunes, 30 de marzo de 2020

Avisos importantes

Ola de novo a todos/as! Gustaríame darvos dous avisos:
1. En primeiro lugar quería poñer o meu correo para poder resolvervos calquera dúbida que me expoñades ou para calquera aclaración: diegocolerosalia@gmail.com. Por favor, non me mandedes mensaxes por Edixgal, xa que non é unha plataforma efectiva para min e non vou revisar as mensaxes a miúdo.
2. En segundo lugar, dicirvos que se queredes mandar fotos dos vosos traballos (só dos vosos traballos, sen que aparezades vós), podedes facelo a esa conta de correo e eu intentarei publicar ou facer montaxes para que os vexades. Non estades obrigados a enviar as actividades que estades a facer, é só se queredes mostrarlle aos vosos compañeiros cómo vos saíu a tarefa.

Hello everybody!


Welcome everybody! This is the new site to share arts activities from the Rosalia de Castro´s school. In this blog you will find weekly activities to do and to practice art skills and many other contents to try during this mandatory home period. I hope you like what I will post here in the next weeks. Ah! And we can be in touch in the site “Contacto”. Greetings!

Benvidos a todos/as! Neste novo espazo estarán presentes as actividades semanais de plástica de 5º e 6º. Neste blogue poderedes seguir practicando as habilidades artísticas e nel tamén haberá máis contidos (experimentos, vídeos…) para que poidades levar o mellor posible este período de confinamento nas casas. Espero que vos guste! Só recordarvos que as actividades propias da área de plástica serán as marcadas como Activity (1, 2, 3…) e o resto son ampliacións e recursos para levar mellor e dunha forma máis entretida este confinamento. Tamén podemos seguir en contacto a través do enlace de “Contacto” que aparece na marxe esquerda. Saúdos!

Activity 1: 3D hand

Esta é unha actividade interesante sobre a creación de obxectos en 3D, máis en particular a nosa man. Clica na imaxe para ver un enlace de vídeo coa descrición en inglés. Tamén temos outro vídeo explicativo en castelán sobre a mesma actividade no seguinte enlace. Recomendaríavos que as liñas paralelas que hai que facer as fagades como estivemos practicando en clase, empregando a escadra e o cartabón, así sairavos un debuxo máis estilizado, aínda que facer a actividade a man alzada tamén queda bastante ben.

Our pictures