lunes, 30 de marzo de 2020

Avisos importantes

Ola de novo a todos/as! Gustaríame darvos dous avisos:
1. En primeiro lugar quería poñer o meu correo para poder resolvervos calquera dúbida que me expoñades ou para calquera aclaración: diegocolerosalia@gmail.com. Por favor, non me mandedes mensaxes por Edixgal, xa que non é unha plataforma efectiva para min e non vou revisar as mensaxes a miúdo.
2. En segundo lugar, dicirvos que se queredes mandar fotos dos vosos traballos (só dos vosos traballos, sen que aparezades vós), podedes facelo a esa conta de correo e eu intentarei publicar ou facer montaxes para que os vexades. Non estades obrigados a enviar as actividades que estades a facer, é só se queredes mostrarlle aos vosos compañeiros cómo vos saíu a tarefa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Our pictures