Esta é unha actividade interesante sobre a creación de obxectos en 3D, máis en particular a nosa man. Clica na imaxe para ver un enlace de vídeo coa descrición en inglés. Tamén temos outro vídeo explicativo en castelán sobre a mesma actividade no seguinte enlace. Recomendaríavos que as liñas paralelas que hai que facer as fagades como estivemos practicando en clase, empregando a escadra e o cartabón, así sairavos un debuxo máis estilizado, aínda que facer a actividade a man alzada tamén queda bastante ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario